Salceda conta con un novo tramo de Senda Fluvial no Río Landres
A inauguración acolleu tamén un acto de recordo no primeiro aniversario dos terribles incendios de outubro de 2017, que o Concello quixo organizar a modo de homenaxe ás forzas de seguridade e a tódalas persoas voluntarias que durante aquelas horas resultaron fundamentais para combatir o lume e evitar que no caso de Salceda se producisen danos persoais nin sobre as vivendas.