Axenda Ecolóxica

Unanimidade ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo Goberno Municipal

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar a proposta do equipo de goberno local para o saneamento da parroquia de Entenza, con un proxecto valorado en 856.850,01€. O proxecto presentouse no Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra da Deputación de Pontevedra, para o cal se agarda recibir unha subvención de 700.000€ que o Concello debe completar con fondos propios.

Salceda destina case 190.000€ a obras de saneamento

O equipo de goberno do Concello de Salceda vén de facer públicos os próximos investimentos en obras de saneamento con cargo ao Plan Máis Provincia 2024. Trátase de dous proxectos a executar nas parroquias de Parderrubias e da Picoña, que suman un total de 188.697,04€.

200 km de sendas e viais limpados no I Plan Anual de desbroces de Salceda

O concello de Salceda de Caselas vén de rematar a primeira fase do seu Plan Anual de Desbroces que botou a andar no mes de febreiro. O equipo de goberno dá resposta deste xeito ao seu compromiso electoral que trata de acometer unha actuación planificada e ordenada das tarefas de mantemento dos principais viais e camiños de propiedade municipal.  

En licitación a renovación do alumeado por máis de 1.000.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82€. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.