Pleno Extraordinario
Aquí podes seguir a sesión extraordinaria do Pleno convocado para o 22 de xaneiro ás 9:30
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
Aquí podes seguir a sesión extraordinaria do Pleno convocado para o 22 de xaneiro ás 9:30
O proxecto de urbanización do Camiño do Rollo suporá a recuperación para as persoas dun espazo ata o de agora degradado, en pleno casco urbano de Salceda, e que aínda no seu estado era empregado por multitude de veciñanza como sendeiro peonil para acceder dende a rúa do Rollo ata Victoriano Pérez Vidal.
O Presidente da Confederación comprometeuse a estudiar as posibilidades de investir no saneamento das parroquias de Entenza e Soutelo unha vez se estableza a partida orzamentaria nos orzamentos xerais do Estado, establecendo este tipo de investimentos como prioritarios. O Concello traballa xa na actualización dos proxectos de saneamento existentes para estas dúas parroquias para facelos chegar canto antes.
Vilas en Flor recoñece deste xeito o traballo continuo que ven desenvolvendo o Concello na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá co coidado da contorna.
Rematado o Programa Xuntas de xestión compartida entre os Concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves compre unha valoración do Programa, consolidado nesta segunda edición conxunta, e financiado pola Unión Europea a través de Fondos Europeos e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia co obxectivo de previr a a violencia de xénero e de mellorar a situación das vítimas de violencia de xénero e das mulleres en situación de especial vulnerabilidade.