Alcaldía

Máis de 500 variedades de camelia esta fin de semana en Salceda

O Concello de Salceda, a través da Concellaría de Turismo que dirixe Marcos Troncoso, presentou esta mañá as XV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 16 e 17 de marzo. Calcúlase que na mostra participarán uns 60 expositores/as chegadas de toda a xeografía galega e de Portugal.

Salceda presenta o seu programa máis reivindicativo polo 8M

O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Igualdade que dirixe Selene González, ven de facer público un amplo programa de actividades co gaio do 8M, Día internacional da Muller. Os actos estenderanse ata o mes de xuño con actividades diversas, varias delas realizadas en colaboración coa Asociación Treze Catorze. Trátase do máis amplo programa posto en marcha ata o de agora dende o Concello.

Salceda presenta o Entroido máis antigo da comarca

O Cruceiro de Fonte da Pedra, lugar emblemático na loita carnavaleira de Castro Barreiro e A Feira, foi o marco escollido para a presentación da festa de Entroido de Salceda de Caselas. Estes dous barrios levan máis de 130 anos enfrontándose ano tras ano nestas datas, convertendo a Salceda no centro neurálxico do Entroido no sur da provincia de Pontevedra.

En licitación a renovación do alumeado por máis de 1.000.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82€. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.

Arrinca o “Salceda Activa” con actividades para maiores de 55 anos

O concello de Salceda de Caselas en colaboración con AFAGA ( Asociación de Familias de Persoas Enfermas de Alzheimer e outras demencias de Galicia) vai desenvolver unha nova edición dos programas “Cultiva a mente” e “Estimulación cognitiva” no Centro Neuroactivo que se atopa na parroquia de San Xurxo.