Salceda urxe a construción da senda peonil e ciclista de Parderrubias
A iniciativa foi aprobada pola Administración Autonómica o 7 de marzo de 2016 dentro do Plan de Sendas de Galicia para o fomento da mobilidade sostible. 8 das 9 sendas aprobadas entón foron executadas, quedando tan só pendente a de Salceda de Caselas.