Nova Oferta de Emprego Público para o Concello

A Concellaría de Emprego do Concello de Salceda, que dirixe Loli Castiñeira, informa da vindeira contratación de tres persoas para desempeñar postos de orientación laboral, conductor/a de camión e auxiliar administrativo/a. A oferta realízase en base á Convocatoria de Subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL), feita pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

As contratacións faranse por un periodo de seis meses, e as persoas interesadas deberán estar inscritas como demandantes dos empregos ofertados na Oficina de Emprego de Porriño. A incorporación farase o vindeiro 7 de novembro, polo que se iniciará de inmediato o proceso de selección das persoas candidatas. A selección realizarase mediante o sistema de concurso, no que se valorarán os méritos presentados polas persoas aspirantes. As presentes prazas pretenden ser unha opción de inserción laboral para colectivos desfavorecidos, valorándose cuestión como ter alguna discapacidade, ser parados/as de longa duración, ser maiores de 45 anos, ter familiares a cargo…

Loli Castiñeira, Concelleira de Emprego: “Con esta nova convocatoria daráselle unha oportunidade a tres veciños ou veciñas de Salceda, que de seguro precisan con urxencia os empregos. O proceso de elección para as prazas garante dende o primeiro momento a igualdade de oportunidades para todas as persoas”.

 

Anexos para presentar

bases-seleccion-3traballadores

Lista de admitidos e excluídos no proseso de seleccion para a contratacion de tres traballadores

lista definitiva de candidatos seleccionados