O vindeiro sábado 2 de xullo, Salceda de Caselas repite na celebración do Roteiro dos Pazos, unha cita agardada por salcedenses e visitantes, que cada ano chega coa programación do Verán Cultural. A ruta, de 5 km, consiste nun percorrido guiado ao longo do cal as persoas asistentes se irán atopando con diversas interpretacións en torno a feitos históricos e anecdóticos dos diferentes lugares. A actividade partirá ás 17:30 dende o torreiro de Santa María, e o percorrido inclúe pasos polo Pazo de Avalle e a Casa Grande da Picoña, finalizando na Praza do Concello.
Este ano, ademáis de caracterizar o percorrido a través da interpretación improvisada teatral a cargo de Laura Álvarez Garrido, especialista de arte dramático, aparece unha excelente novidade, a danza, que correrá a cargo de Magdalena Freitas profesora de baile contemporáneo.
Todo este traballo vai a ser representado por actores e actrices de teatro aficionado do Concello de Salceda de Caselas, pertencentes a diferentes grupos de teatro do municipio: Castro Barreiro, Soutelo, Osiris, Entenza e o grupo de teatro do IES Pedras Rubias, que por primeira vez tendrá presenza no roteiro.
A ruta organizarase en catro grupos, para facilitar que todos e todas os/as asistentes poidan atender as explicacións e as interpretacións ao longo do traxecto. Para iso, cada grupo estará acompañado dunha persoa que fará as tarefas de guía. Para participar hai que inscribirse no correo electrónico omix@salcedadecaselas.es, poñendo nome e apelidos e teléfono de contacto.
Aproveitando que o roteiro coincide coa celebración da II Feira Medieval, dende a organización animan ás e aos participantes a participar disfrazadas/os. Agárdase que esta sexa unha actividade de alta participación, tomando como referencia o éxito acadado nos anos pasados. Lembran ademáis que esta e unha oportunidade única para acceder aos recintos dos pazos, posto que non se poden visitar por tratarse de propiedades privadas. Agradecen dende o Concello a boa disposición dos propietarios e propietarias dos Pazos que cada ano acceden a abrir os recintos para esta importante cita.