IV Rallye de Regularidade da Lamprea

Mañá sábado 21 de febreiro a Praza do Concello de Salceda de Caselas acollerá un novo evento que traerá a vila centos de visitantes de toda Galicia. Trátase da “ IV edición do rallye regularidade da lamprea” puntuable para o campionato galego desta especialidade e que repite por segundo ano consecutivo en Salceda como epicentro e punto de saída do evento.

Esta previsto que os vehículos se instalen na praza do concello a partir das 11:30 para proceder ás verificacións técnicas e administrativas dos participantes. Alí permanecerán expostos  ata que tomen a saída a partir das 16:30 e ata as 18:30.

A proba, que xa supera os cen vehículos inscritos, realizase por estradas do concello abertas ó tráfico xa que como peculiaridade nesta competición non se prima a velocidade, senón que en todo momento os participantes circularán dentro dos límites de velocidade establecidos en cada tipo de vía, penalizándoselles en caso contrario.

A Concellaría de Tráfico e a Policía de Salceda de Caselas informa que con tal motivo habrá cortes puntuais de tráfico dende as 11:30 ata as 18:30 nas rúas Joaquín Fdez. Sestelo, V.P. Vidal,  Avda. de Galicia e Praza do Concello, para velar pola seguridade do evento e do público asistente, intentando ocasionar as menores molestias posibles.

 

Gabinete de Prensa 20 de febreiro de 2015.