O Concello de Salceda de Caselas, en colaboración coa Comunidade de Montes de Budiño e a Xunta de Galicia a través dos fondos AGADER, ven de poñer en marcha o Parque Etnográfico Fonte-Muíños do Regueiro, na parroquia de Santo Estevo de Budiño, cuio acto de inauguración se celebrou hoxe sábado na mesma área recreativa. No acto estiveron presentes o Alcalde e Concelleiros/as de Salceda de Caselas, a directiva e diferentes membros da Comunidade de Montes de Budiño e Miguel Pérez Dubois, Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural e do mar.
A actuación, realizada no barrio de Rubindo, tradúcese no segundo Parque Etnográfico do Concello de Salceda de Caselas. Con unha lonxitude aproximada de 200 metros, a senda que percorre o parque dende a área recreativa ata o Muíño do Campo conta con un total de catro muíños. Compre destacar ademáis a recuperación e restauración da Fonte do Regueiro.
O conxunto dos catro muíños componen unha “Aula Didáctica da Natureza”, onde se expoñen paneis ilustrativos da flora, fauna e micoloxía da contorna, así como unha Aula Didáctica da Moenda no Muíño do Cubo, único dos catro integramente ocupado.
Polo Parque Etnográfico discorre a Senda Dos Humidais das Gándaras de Busiño, que se adentra en espazo Rede Natura 2000, e no que se pode disfrutar de hábitats e especies de flora e fauna únicos en Galicia.
A actuación realizada contou con un orzamento total de 119.313,60 €, dos cales a Consellería de Medio Rural a través do AGADER aportou 76.857,39 €, o Concello de Salceda de Caselas 17.456,21 € e a Comunidade de Montes de Santo Estevo de Budiño 25.000 €.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Rural: Seguimos no noso camino de recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico e natural de Salceda ao longo das sete parroquias do Concello.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: A colaboración entre o Concello de Salceda, a Comunidade de Montes e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural(AGADER) é un bó exemplo do traballo conxunto a prol do desenvolvemento do noso medio rural e a posta en valor dos nosos espazos naturais.
Gabinete de prensa, 21 de xuño de 2014