O Concello de Salceda de Caselas ven de inaugurar a recén recuperada “Fonte das Carballas”, nun acto íntimo onde os protagonistas foron os propios veciños, e sobre todo as veciñas, que foron as encargadas de descubrir a praza conmemorativa, e de contar as súas lembranzas relacionadas co espazo.
Dentro da liña marcada polo goberno municipal de Salceda, séguese coa recuperación de espazos abandonados. Neste caso foi o turno do espazo da Fonte das Carballas, unha fonte centenaria que foi punto de referencia en Salceda durante moitos anos e que permanecía no abandono dende que se procedeu á construcción de edificacións no seu entorno. Precisamente o promotor de ditos edificios era quen tiña a obriga de realizar dita urbanización hai xa máis de unha década, urbanización que agora ven de realizar o Concello, recuperando así unha zona histórica para os veciños e veciñas de Salceda.
A obra, que foi acometida con fondos propios supuxo un investimento para o Concello de 33.495 €. Con ela solucionouse una vella demanda do edificio lindante, que sufría continuas inundacións nos seus garaxes, que agora se verán solucionadas coa recollida das augas que nacen na zona. A urbanización consistiu no adoquinado do entorno da fonte así como da escaleira de acceso dende a Rúa Pontevedra, xusto ao carón do Auditorio Municipal. Acometéuse tamén a limpeza da Fonte e a colocación do pertinente rótulo con nome da mesma.
A recuperación da fonte completouse coa adecuación do seu entorno por parte de tres grafiteiros de ampla experiencia: GORY, POWONE e SVV, que se encargaron de plasmar escenas sacadas de fotografías antigas de Salceda, que se combinan con imaxes do Río Caselas e dos recentemente recuperados muíños de Rubindo (Budiño). Dende o Concello seguirase a traballar nesta liña, e a conseguir novos espazos para ofrecer á xuventude con inquietudes deste tipo, no afán de conseguir entornos atractivos e evitar dalgunha maneira as pintadas descontroladas ao longo do municipio.
Loli Castiñeira, Concelleira de Xuventude, manifestou a súa satisfacción polo resultado obtido no entorno da Font eco traballo feito por Gory, Powone e SVV. “Estamos ante unha verdadeira obra de arte nun entorno único que xa está a ser centro de atención para persoas chegadas de moi diversos lugares”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, manifestou que “estamos nun espazo onde auga e arte se dan a man, onde se pon de manifesto a fusión entre tradición e modernidade. Unha vez máis honramos o noso pasado, traballando no noso presente e construíndo o noso futuro. Hoxe Salceda está de noraboa e para nós é un enorme orgullo sacar adiante proxectos coma este”.
Gabinete de prensa, 13 de decembro de 2014