PASOS EN ECOLÓXICO PERCORRE AS TERRAS DE MARTIN SHEEN

Unha nova cita de “pasos en ecolóxico” percorrerá co título “As Pedras Rubias”, as terras de Parderrubias, na que ten as súas raíces paternas o actor estadounidense Martin Sheen.

Dende a Bodega da Corisca partirá o vindeiro sábado 10 de Maio ás 10 da mañá un autobús con destino o Penedo do Redondo dende onde partirá o percorrido histórico polas terras de Parderrubias.

No percorrido vaise a visitar diversos puntos con interese patrimonial así como nas historias e lendas que as caracterizan. Un percorrido circular de 4,5 km visitará puntos como a Igrexa actual e os restos da igrexa antiga de Parderrubias, o Cruceiro do Pinto, Sete camiños, e o territorio pertencente á familia de Martin Sheen, onde se realizará unha parada especial na “Historia da Emigración de Salceda” que forma parte dun dos traballos que se está a levar a cabo dende o Concello. A historiadora Puri Pérez, será a encargada de transladarnos a diferentes épocas e sucesos que tiveron lugar nestas terras.

Para inscibrirse os interesados e interesadas o poderán facer en: enotur@bodegascorisca.com e ten un custe de 8 €, para os menores de 13 anos, a actividade será gratuíta, que inclúe a degustación de viño da Corisca e pincho ecolóxicos. O martes 6 é o último día para inscribirse para poder reservar o autobús.

Dende a Concellaría de Turismo dirixida por Loli Castiñeira, quere incidirse no apoio e auxe deste tipo de proxectos que serven para coñecer o noso pasado e a nosa identidade a través dun percorrido pola nosa Historia. “Convidar a todas aquelas persoas, que así o desexen, a participar nestas actividades que incrementan o noso coñecemento sobre as nosas raíces e a importancia da nosa Historia”.