Gran Premio Concello de Salceda de Xtrembike

A Praza do Concello de salceda de Caselas foi o escenario elexido  esta mañá para a presentación  da I Xtrembike “Gran Premio Concello de Salceda de Caselas “, que se celebrará o vindeiro domingo 12 de xuño, con saída e chegada na mesma Praza do Concello.

A proba transcorrerá por zonas de gran valor paisaxístico e natural como o Faro de Budiño, San Cibrán e a zona dos Agoeiros,  puntos de referencia no traxecto de 35km. Trátase da derradeira proba (que puntúa o dobre) do Open Enduro Cannjondale 2016, optando o gañador a ser o piloto oficial para a próxima tempada 2017.
As inscricións péchanse o martes 7 ás 00:00, podendo facelo a través da páxina http://www.magmasports.es/ . A proba contará coa presenza de grandes nomes no mundo da bicicleta, como Toni Ferreiro, líder actual da Xtrembike e campión de España, o
portugués Zé Manel Borges do BH Gravity Team, Mauro Barreiro campión de
ciclocross, Óscar Martínez líder provisional do Open Galego ou  José
Manuel Groba e Toni Perez campións de España da súa modalidade.

Á presentación asistiron Ivan Alonso patrocinador do evento de Alonso&
Serodio Seguros e  Juan José  Nieves e Luis Miguel Carballo,
organizadores do evento de Xtrembike, que  agradeceron a colaboración das
diferentes entidades que apostan e patrocinan este evento, que se leva realizando dende fai 4 anos e que será considerado deporte profesional a partires do próximo ano.

Carla Pérez concelleira de Deportes,lembrou que o Concello de Salceda acolle diversas probas BTT ao longo do ano, con unha grande afluencia de participantes chegados dende toda a xeografía galega e portuguesa.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou o papel de Salceda de Caselas como referente do deporte, e neste caso no mundo da BTT e o enduro.  Convidou a salcedenses e forasteiros a achegarse ao municipio para desfrutar da proba e do resto de oferta de ocio disponible na fin de semana, como a Festbier que vai a ter lugar dende o venres ata o domingo no Torreiro de Santa María, organizado pola Comisión de Festas da Concepción.