Formación en apoio ó emprego

A Concellería de Emprego e Formación deu a benvida o novo ciclo formativo do CDL O Torrón, este martes co comezo dos cursos de “Inglés para a búsqueda de Emprego” e “Facturaplus”.

Estes dous cursos forman parte dun bloque que comprende ata nove accións formativas dirixidas a desempregados e desempregadas e tres con preferencia para traballadores e traballadoras en activo.

Os cursos para desempregados abordan diferentes ramas, como a administrativa (Facturaplus e Contaplus), hostelería (Axudante de cociña e Barista), novas tecnoloxías (Informática Básica), idiomas (Inglés para a búsqueda de emprego) e outros específicos como o de Poda ou Especialista en xestión de calidade e medio ambiente. A estas materias hai que engadirlle a de “Manexo da carretilla elevadora”, para o cal se chamarán os alumnos e alumnas da lista de espera da convocatoria anterior.

Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área, suliña a boa aceptación que tivo esta convocatoria con 400 solicitudes nos diferentes cursos e o aumento da actividade que alberga o CDL, non só co Plan de Formación Municipal, tamén acollerá a próxima semana os exames da Aula Mentor, que será a terceira convocatoria que acolle Salceda.

Dende a concellería tamén seguen a traballar na procura de que o Centro de Desenvolvemento Local sega crecendo e neste intre xa conta coa homologación da Xunta de Galicia en cinco especialidades para a impartición de certificados de profesionalidade: Actividades administrativas na relación co cliente, Operador de loxística, Servizos de bar e cafetería, Ebanistería e Linguaxe de Signos e esperan que a Xunta de Galicia si os teña en conta na seguinte convocatoria de cursos AFD.

Inglés