Exposición do 8º certame fotográfico VIAXANDO

XA ESTA A EXPOSICIÓN DO 8º CERTAME FOTOGRÁFICO VIAXANDO ESTA NA CASA DA CULTURA A. D. R. CASTELAO DE SALCEDA DE CASELAS ENTRE O 12 E O 29 DE MAIO DE 2015.

O certame está organizado cada ano polas diferentes OMIX do Baixo Miño; Salceda de Caselas,O Rosal, A Guarda, Tomiño,  Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui, e cumpre a 8º edición, onde as fotografías son as que están recollidas na Sala de Exposición da Casa da Cultura que conta cun total de 12 fotografías entre a que está a premiada. A Concelleira de Mocidade do Concello de Salceda de Caselas anima a todas as persoas que así o desexen a visitar a exposición, e que presenten as novas fotografías para o concurso da 9ª edición para a cal xa se están a recoller as fotografías.

Para esta edición as bases implican a participación dos mozos de ata 35 anos dos distintos concellos participantes. Esta mostra itinerante está adscrita á rede de exposicións de fotografía Outono Fotográfico cunha traxectoria de máis de 30 anos de mostras neste campo.


O xurado da edición exposta en Salceda nestes días, estivo formado por diferentes fotógrafos e artistas do concello do Porriño  resultando gañadora Paula Sousa Vaqueiro, 
de 16 anos de Goián (Tomiño) .