Mapa climático

CLIMA

Para poder realizar o estudo do clima hai que elixir a estación meteorolóxica que mellor represente o clima do noso concello. Para iso vamos diferenciar varios espazos de estudo entre os que determinaremos o clima en función da proximidade a unha estación meteorolóxica ademais da similitude altitudinal, da orientación e do relevo. A estación meteorolóxica que mellor cumpre estes requisitos é a Estación meteorolóxica de Ponteareas.

Tendo en conta estas consideracións realizarase unha análise climática a través de diagramas climáticos. Estes obtéñense a través da utilización do programa informático “PROCLI 1.0”, desenvolvido polo Departamento de Ciencias Agroforestais de la E.P.S. da Universidade de Huelva.

A continuación mostramos o cadro que representa as medias de temperatura e de precipitación recollidas, ao longo dos anos.

 

Cadro de temperatura e pluviosidade corrixido para o municipio de Salceda de Caselas

 Microsoft Word - mapa climático

tm: temperatura media das mínimas (ºC)

tM: temperatura media das máximas (ºC)

Tm: temperatura media das mínimas absolutas (ºC)

TM: temperatura media das máximas absolutas (ºC)

P: Precipitacións (mm)

 

O clima é atlántico europeo, con temperaturas medias suaves en todas as épocas do ano. As chuvias son abundantes  cunha pluviosidade media de 1.485l/m2 , e son os meses de novembro, decembro e xaneiro os de maior pluviosidade. A humidade relativa media é tamén elevada e supera boa parte do ano o 80-85% (entre outubro e febreiro), e entorno ao 75% o resto do ano.

Porén, estas condicións non son homoxéneas en todo o territorio, pois a situación xeográfica do propio terreo -zonas elevadas ou baixas- ou a proximidade aos leitos fluviais van variar as características climáticas.

 

GRÁFICOS PARA ENTERDER O CLIMA: CLIMODIAGRAMAS E DIAGRAMAS BIOCLIMÁTICOS

Os gráficos axúdannos a “ver” e entender como funciona e evoluciona o clima. Deste xeito podemos observar como no noso territorio existe un leve período de seca producido no mes de xullo, o que causa unha limitación hídrica para as plantas, aínda que pouco relevante.

mapa climatico-2

Os días de xeada son moi escasos, máis probables nos meses de decembro, xaneiro e febreiro. O número medio mensual de días de xeada ao ano é de dous ou tres días polo que este aspecto non é un factor limitante para o arraigamento e crecemento da vexetación.

A vida vexetal depende da auga: Evapotranspiración Potencial (E.T.P ) e balance hídrico.

O balance hídrico expresa as perdas e ganancias de auga no solo que dependen dos fenómenos de evaporación e transpiración (evapotranspiración) e da precipitación, respectivamente.

O balance hídrico pon de manifesto que entre os meses de xullo e setembro existe unha menor dispoñibilidade de auga, pero non chega a existir déficit hídrico. No resto dos meses obtéñense grandes volumes de auga, que se van perder por mor da baixa capacidade de retención do solo.

Clasificación fitoclimáticamapa climatico-3

Na clasificación fitoclimática de Allué Andrade (1988) o clima do monte entraría con carácter xenuíno na clase V (VI)3, defíneo como atlántico-europeo de tendencia marítimo temperado.