A Concellaría de Cultura e Festas do Concello de Salceda de Caselas, dirixida por Tere Pérez, vai poñer en marcha un ano máis a programación de verán que desembocará nas Festas do Cristo, e que a Concelleira presentou esta mañá acompañada da Concelleira de Turismo, Loli Castiñeira. Nun ano extremadamente complexo polas dificultades económicas, a Concelleira amósase moi agradecida coas diferentes asociacións do municipio que ano tras ano se ofrecen a subirse ao escenario para amosar os traballos realizados nos diferentes locais culturais das parroquias, e que permiten que se siga mantendo unha programación diaria que se extende ao longo de máis de tres semanas. No ciclo hai citas que non poden faltar, como o certame de bandas de música, o festival folclórico ou o día da infancia, que ano a ano acollen a numeroso público tanto de Salceda como dos arredores. Pero tamén queda sitio para as actividades para a mocidade, como o Festival “Vaia Cristo” que se celebrará por segunda vez o venres 18 coa participación de diversos grupos de pop rock, e que será a cita por excelencia para a xuventude. Destacan este ano as actividades dirixidas ao público familiar, tendo en conta que estamos a falar dun dos Concellos con maior tasa de natalidade de Galiza. Outra das premisas é a variedade de espazos nos que se van desenvolver os actos: O Parque Raíña Aragonta, o Auditorio Municipal e, por suposto, a Praza do Concello. Cun orzamento aproximado de 40.000 € a programación extenderase dende mañá sábado 28 ata o luns 21 de xullo en que rematan as Festas do Cristo.
Por outra banda as Concelleiras destacaron os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos Salcedenses Distinguidos, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo.
Tere Pérez, Concelleira de Cultura, lamentou a falta de apoio da Xunta de Galiza ás actividades culturais realizadas dende os Concellos, nun momento máis delicado que nunca: “non queremos que a xente se quede sen festas, problemas xa hai abondo como para non poder ter uns días de diversión. Dende a Concellaría de Cultura téntase ofrecer un programa variado e para tódolos públicos, convidando a tódolos salcedenses a participar dos actos e a pasar uns bos días entre amigos e familiares”.
Loli Castiñeira, Concelleira de Turismo, aproveitou para convidar a salcedenses e foráneos a coñecer os espazos naturais de Salceda, nomeadamente as sendas polo Río Caselas que tan boa acollida están a ter por todos e todas.
SÁBADO, 28 DE XUÑO
11:00 Concentración de Moto Guzzi. Praza do Concello
LUNS, 30 DE XUÑO
19:00 Obradoiro de marionetas. Praza do Concello
22:00 Función de títeres Barriga Verde. Praza do Concello
MARTES 1 DE XULLO
20:00 Festival escolar. Parque Raíña Aragonta
22:30 Grupo clarinetes Conservatorio de Tui. Parque Raíña Aragonta
MÉRCORES 2 DE XULLO
19:00 Dinamik Dance. Parque Aragonta.
22:00 Festival folclórico. Parque Raíña Aragonta.
Grupo Folclórico O Serán
Grupo Folclórico Castro Barreiro
Grupo Folclórico Xunco (Parderrubias)
Grupo Folclórico O Freixo (Entenza)
XOVES 3 DE XULLO
22:30 Grupo de playbacks de San Xurxo. Praza do Concello
VENRES 4 DE XULLO
22:00 Documental “Morreu o demo. Acabouse a peseta” (maiores de 16 anos). Auditorio Municipal
Entroido de verán. Recinto da Igrexa de Santa María. Organiza: A. X. Nós Somos Nós
SÁBADO 5 DE XULLO
19:00 Roteiro dos Pazos. Saída do Pazo da Picoña.
MARTES 8 DE XULLO
21:30 Banda de gaitas de Cabral. Desfile polas rúas de Salceda.
22:30 Mago Gran Moroco. Praza do Concello
MÉRCORES 9 DE XULLO
22:30 Grupo de playbacks de Picoña. Praza do Concello
XOVES 10 DE XULLO
19:00 Xogos populares. Parque da Gándara.
22:30 Grupo de playbacks de Parderrubias. Praza do Concello
VENRES 11 DE XULLO
17:00 Carpa Dirección Xeral de Xuventude. Información Xuvenil. Praza do Concello.
23:00 Festa Radio Lider. Praza do Concello
SÁBADO 12 DE XULLO
10:20 Parque Reagrupamento Rally Sur do Condado. Praza do Concello
18:30 Parque Reagrupamento Rally Sur do Condado. Praza do Concello
21:30 Certame de bandas de música. Praza do Concello.
Banda de Música de Pavidén (Portugal)
Banda de Música de Ribadumia
Banda Cultural de Salceda
LUNS 14 DE XULLO
21:00 Clase aberta de zumba. Praza do Concello
22:30 Grupo de Playbacks da Forna (Budiño – Porriño). Praza do Concello
MARTES 15 DE XULLO
19:00 Festa da espuma. Praza do Concello
22:30 Humorista Pablo Meixe. Parque Raíña Aragonta
MÉRCORES 16 DE XULLO
19:00 Espectáculo musical: A bailar!! Parque Raíña Aragonta
22:30 Grupo de playbacks de Soutelo. Praza do Concello
XOVES 17 DE XULLO
19:00 Día da infancia: inchables. Praza do Concello
22:30 Grupo de playbacks O Coto de Budiño. Parque Raíña Aragonta
VENRES 18 DE XULLO
20:00 Obradoiro de música tradicional. (4 a 12 anos) Imparte: Donicelas. Auditorio Municipal
Inscricións na Casa da Cultura Castelao ou donicelas@donicelas.com
22:30 Donicelas en concerto. Praza do Concello
23:30 II Festival Vaia Cristo. Terreo do Pavillón de Deportes
WOB
APISA
O Caimán do Río Tea
SÁBADO 19 DE XULLO
20:00 Desfile Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da vila
22:00 V Estourazo de inicio das festas. Praza do Concello
23:00 Verbena con Costa Blanca e Venus Band
DOMINGO 20 DE XULLO
11:45 Entrada da Banda Cultural de Salceda
12:00 III Acto Homenaxe a Salcedenses Distinguidos
12:30 Misa cantada polo Coro Polifónico de Entenza
13:30 e 21:00 Concertos da Banda Cultural de Salceda
22:00 Verbena con De Moda e Gran Casino
LUNS 21 DE XULLO
18:00 Ludoteca itinerante. Xogos populares. Parque da Gándara
20:00 Banda de gaitas de Guillarei. Desfile polas rúas de Salceda
22:30 Verbena con Solara e Ritmo Xoven
E ADEMÁIS…
* Exposición de pintura Ángel Torres. Casa da Cultura Castelao.
* Expoanimalia. Do 19 ao 27 de xullo. Auditorio Municipal.