Tralo enorme éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados do 6 ao 28 de setembro (ambos incluídos). Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59.
A ruta de pinchos conta co engadido do folk, quedando aberta a participación a todos aqueles/as gaiteiros/as, pandeireteiros/as ou músicos/as en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada na compaña da mellor gastronomía.
Os/as clientes que degusten os pinchos en diversos locais entrarán no sorteo de premios como circuítos termais, lotes de productos ou cheques en efectivo. Para elo terán que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hosteleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Tamén os/as hosteleiros/as optarán ao Pincho de Ouro elexido pola clientela e aportado por ACISA.
O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hosteleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hosteleiros e hosteleiras con Verónica Tourón, Concelleira de Comercio, e Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, encargados da coordinación.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, aproveitou para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento, consciente de que as diferentes iniciativas levadas a cabo dende o Concello orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hosteleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostelería. A iniciativa do pincho folk foi prantexada dende o Concello fai xa sete anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.
Gabinete de prensa do Concello de Salceda de Caselas, 5 de setembro de 2019