O Pavillón de Deportes de Salceda acollerá este domingo ás 17 horas a que será xa a terceira edición do desfile para a investigación do Síndrome de Rett, unha enfermidade neurolóxica con base xenética que afecta maiormente a nenas, a cal se manifesta entre os 6 e 18 meses de vida e implica unha regresión paulatina na aprendizaxe, na fala, na mobilidade, etc. Sofía, unha nena de 5 anos de Salceda de Caselas, afectada por este síndrome ven sendo ano a ano a gran protagonista deste evento, que ten conseguido recadar importantes sumas de diñeiro en cada unha das edicións celebradas. A recadación vai destinada integramente para a Obra Social da Fundación San Joau de Deu, en Barcelona, única entidade en España que traballa na investigación desta enfermidade.
No desfile participan diversas tendas de roupa, así como empresas de animación encargadas das actuacións entre pases. Así mesmo, os cativos e cativas que se acheguen ao desfile poderá realizarse imaxes con diversos persoaxes infantiles.
Durante o evento realizaranse diversas subastas de prodectos e servizos donados para a causa, así como numerosos sorteos entre o público asistente. As entradas poden adquirirse a un prezo de 2€ en diversos establecementos de Salceda de Caselas ou no Concello de Salceda, así como no mesmo día na entrada do Pavillón de Deportes.
Un equipo formado por máis de vinte voluntarios/as encargaranse de todos os preparativos así como do desenrolo do evento, que espera unha vez máis superar tódalas previsións de asistencia e recadación.