“Descubrindo a flora do río Caselas”, segunda actividade do programa “Un verán para a infancia”:

A Concellería de infancia porá en marcha o próximo 26 de agosto, a segunda actividade do programa “Un verán para a Infancia” titulada “Descubrindo a flora do río Caselas”. Nesta actividade as persoas participantes partirán da Praza do Concello, onde se introducirá a actividade e os obxectivos da mesma e a continuación se dirixirán á senda do río Caselas. Durante a actividade observarán e identificarán as especies de flora para coñecer os seus usos humáns e a súa importancia dentro do ecosistema fluvial.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro día 16 de agosto e rematará o día 25. As inscricións faranse na Casa Cultura de 8:00 a 14:30 horas, ou a través dos teléfonos 986340543 e 615340586.

As prazas para a actividade serán limitadas e se cubriran por orde de presentación das solicitudes. Lembramos que esta é unha actividade de carácter familiar a que poderán asistir cativos e cativas de todas as idades xunto cos seus familiares.

 

Gabinete de prensa, 12 de agosto de 2022.