O Concello de Salceda de Caselas a través da Concellaría de Mocidade que dirixe Carla Pérez, vai desenvolver a primeira quincena do mes de setembro, dentro do programa DEPORUARTE 2016 organizado pola Deputación de Pontevedra, o curso O TEU CORPO UN INSTRUMENTO, dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.
O curso vai ter un total de 25 horas e se impartirá no Auditorio Municipal en sesións de dúas horas e media pola tarde.
DEFINICIÓN DO CURSO
A percusión corporal consiste na produción de sons con golpes sobre o corpo e outros elementos. Nos se necesitarán coñecementos previos de música nin percusión.
OBXECTIVOS
Adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre percusión
Coñecer novas formas de facer percusión
Agudizar o sentido do ritmo
Enfocar a percusión como arte urbana
A documentación para a inscrición xa está dispoñible na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada na Casa da Cultura ADR Castelao.
Para facer o trámite hai que cubrir unha folla de solicitude, achegar fotocopia do DNI, un volante de empadroamento e para os menores de idade unha autorización paterna.