Un dos principais obxectivos do Concello de Salceda de Caselas é reforzar, dentro do ámbito das súas competencias, a política antifraude no desenvolvemento das súas funcións. Por iso, o Concello, a través desta declaración institucional, quere manifestar o seu compromiso cos estándares máis altos no cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais e a súa adhesión aos máis estritos principios de integridade, obxectividade e honestidade, de maneira que a súa actividade sexa percibida por todos os axentes que se relacionan con ela como oposta ao fraude e á corrupción en calquera das súas formas.
O persoal do Concello, no seu carácter de empregados públicos, asume e comparte este compromiso tendo entre outros deberes os de “velar polos intereses xerais, con suxeición e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico, e actuar consonte os seguintes principios: obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción do entorno cultural e medioambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes” (artigo 52 da Lei 7/2017, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público).
O Concello persegue con esta política consolidar dentro da organización unha cultura que desalente toda actividade fraudulenta e que facilite a súa prevención e detección, promovendo o desenvolvemento de procedementos efectivos para a xestión destes supostos.
O Concello porá en marcha medidas eficaces e proporcionadas de loita contra o fraude, baseadas na experiencia anterior e na avaliación do risco de fraude.
Así mesmo, procederá a denunciar aquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que puideran detectarse, a través das canles internas de notificación e sempre en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude. Todos os informes trataranse na máis estrita confidencialidade e de acordo coas normas que regulan esta materia.
En definitiva, o Concello de Salceda de Caselas adoptou unha política de tolerancia cero co fraude, establecendo un sistema de control interno deseñado para previr e detectar, dentro do posible, calquera actuación fraudulenta e, no seu caso, reparar as súas consecuencias, adoptando para iso os principios de integridade, imparcialidade e honestidade no exercicio das súas funcións.