Voluntariado

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE ONS 2014

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por segundo ano consecutivo o programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas.
O programa de voluntariado ten como obxectivo principal sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional (Illa de Ons)
As actividades a realizar polos participantes no programa están establecidas polos técnicos do propio Parque Nacional, e centraranse especialmente na oceanografía e recursos mariños, fauna, flora e biodiversidade das illas do Parque.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días, de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo para grupos formados por 6 voluntarios.
Se estás interesado neste programa preme a seguinte ligazón para obter máis información e para cubrir a folla de inscrición.

 

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NA ILLA DE CORTEGADA

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha este inverno un novo programa de voluntariado ambiental no Parque nacional das Illas Atlánticas Nesta ocasión o programa de voluntariado desenvolverase na Illa de Cortegada e nace co obxectivo principal de sensibilizar e infundir nos participantes criterios e coñecementos básicos sobre a concienciación medioambiental e a recuperación de ecosistemas no Parque Nacional.

O programa levarase a cabo os fins de semana do mes de marzo e poderán participar nel un total de 6 voluntarios por quenda. Se queres máis información sobre este programa e inscribirte ao mesmo preme aquí

 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS NO CEP ALTAMIRA.

 

REPORTAXE FOTOGRÁFICO DO DÍA DO VOLUNTARIADO.

 

5 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO


 

COLABORA CO PROGRAMA DE ALIMENTOS DO CONCELLO.

 

CONGRESO INTERNACIONAL DE XUVENTUDE: DA EDUCACIÓN NON FORMAL, EMPREO E EMPRENDEMENTO.

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organizará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña), o Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.
Desde este momento e ata o venres día 18 de outubro, ábrese o prazo de inscrición para participar no Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento, que se celebrará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña).
A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.
Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.
Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso contará con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Haberá zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms… así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.)
O programa está aberto para que calquera iniciativa interesante que queirades dar a coñecer se inclúa no mesmo.
Animámosvos a participardes activamente neste congreso internacional, achegando información acerca do voso proxecto ou iniciativa para lle dar cabida no espazo que resulte máis adecuado en función das súas características. Só precisades comunicalo a través do enderezo electrónicoinstitutoxuventude.ctb@xunta.es ou ben telefonicamente a través dos seguintes números: 981957057981544866 e 981545664.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN