O Concello de Salceda de Caselas está a executar as obras de ensanche da estrada que une Fontán e Sete Camiños, na parroquia de Parderrubias. A obra permitirá o ensanche da estrada ata unha anchura de entre 7 e 8 metros (actualmente ten 5 metros), que incluirá ademáis a rectificación da perigosa curva que se atopa no tramo, así como a mellora da seguridade no entorno da poza existente, na que se colocará unha barandilla perimetral. A actuación abarca un total de 697 metros lonxitudinais, e prevese que estea rematada no prazo dun mes.
A obra, con un orzamento de 45.584 €, está financiada ao 100% pola Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia dentro das axudas correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018, aos que hai que engadir os 9.672,64 € correspondentes ao IVE, e que son asumidos polo Concello de Salceda.
Con este investimento proséguese na liña establecida dende o Goberno Municipal, de mellora da Rede de Estradas do Municipio, con intervencións constantes nas sete parroquias que conforman Salceda de Caselas. Estamos a falr neste caso dun vial cunha alta densidade de tráfico, xa que por el acceden boa parte dos vehículos que se dirixen ás parroquias de Parderrubias, Soutelo e Budiño dende a PO-510, enlace principal con Vigo. Por outra banda, o vial serve de acceso ao campo de futbol do Penedo Redondo, que acolle numerosos adestramentos e partidos os sete días da semana.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Seguimos a mellorar a rede de estradas no rural, e a eliminar puntos que poidan supoñer algún perigo para para os usuarios e usuarias dos viais. Agradecemos a colaboración dos propietarios e propietarias dos terreos colindantes pola súa cesión en beneficio de todos e todas”.
Gabinete de prensa, 24 de xullo de 2018