Comenzo do 2º Taller de Recuperación de Memoria

Comenzo do 2ª taller de recuperación de memoria organizado pola Concellería de Benestar

 

Deu comenzo o novo taller de recuperación de memoria para a terceira idade. Nesta ocasión 30 veciños e veciñas, maiores de 60 anos, serán as que reciban estas clases, en dous grupos de 15 persoas.

Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida.

Obradoiros e talleres para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas, bailes, e como non podía ser doutra maneira convivir, este último un aspecto a ter en conta e moi importante desta actividade.

As actividades levaranse a cabo o longo dos meses de marzo, abril e maio e as persoas no Centro Social de A Devesa.

Algúns dos asistentes, xa foron usuarios desta actividade na edicción do ano 2012.

A concellería de Benestar Social quere agradecer a colaboración económica de da oficina de La Caixa de Salceda, por segundo ano consecutivo.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, “este tipo de actividades son necesarias para fomentar as relacións sociais, ademáis de proporcionarlles calidade de vida aos nosos maiores e despois da experiencia do ano pasado e dos resultados obtidos, estamos convencidos que temos que seguir proporcionándolle os recursos que cubran as súas necesidades”