A concelleira de Deportes Marina Cabaleiro visitou hoxe o comenzo das obras que se van levar a cabo no Campo Municipal da Gándara, para ultimar os detalles das mesmas.
As obras encadradas dentro do plan de investimentos da Deputación consisten na colocación do rego automático e pintado da fachada e da estructura de ferro das gradas.
Por outra banda, dentro do orzamento municipal, colocaranse báculos altos con redes novas para evitar que saian balóns fóra das instalacións deportivas. Como cada ano tamén se realizará mantemento nos vestuarios. Entre as actuacións a levar a cabo estará o pintado dos vestiarios e melloras na fontanería. Ademáis coa chegada das mulleres o fútbol faise totalmente necesario acondicionar vestiarios tamén para elas.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable da área suliña que “o campo ten un magnífico céspede, e con estas obras melloraremos o mantenemento e aforraremos custes, xa que non será preciso ter unha persoa só adicada ó campo, puidendo así ocuparse doutras tarefas, ademáis desta maneira o mantemento é moito máis sinxelo”
Dende a Concellería de Deporte fixemos unha aposta seria intentando a accesibilidade de todos os veciños e veciñas ó deporte. Estamos a conseguilo a través da realización de novas instalacións como a pista de BMX no CDL O Torrón, as pistas multideporte da área de Altamira, novo ximnasio no Pavillón Municipal ou as proxectadas pistas de Padel. Tamén traballamos na mellora das instalación existentes como o Campo da Gándara ou as Piscinas Municipais.