Comenza o 3º Taller de Recuperación de Memoria organizado pola Concellería de Benestar

Hoxe martes deu comenzo o novo taller de recuperación de memoria para a terceira idade. Nesta ocasión serán 29 veciños e veciñas maiores de 60 anos os que reciban estas clases. Algúns dos asistentes, xa foron usuarios desta actividade nas pasadas ediccións levadas a cabo nos anos 2012 e 2013.

Á presentación dos talleres que tivo lugar no centro social A Devesa acudiu a Tenente Alcalde e Responsable da Área, Marina Cabaleiro e o Presidente da Asociación de Pensionistas e Xubilados Antonio Rivero, ademáis das dúas monitoras encargadas da organización do curso.

Trátase de diferentes actividades encamiñadas a potenciar a memoria como recurso para mellorar a calidade de vida.

Obradoiros e talleres para activar a memoria a través de actividades de cálculo, orientación, xogos, charlas, bailes…

Asactividades levaranse a cabo ata o 27 de xuño no Centro Social de A Devesa.

Dende a concellería tamén suliñan a importancia destes talleres, xa que a actividade mental pode ser satisfactoria a todas as idades e contribúe a que a persona maior teña un envellecemento máis saudable.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área, “este tipo de actividades son moi importantes para que os nosos maiores gocen dun estado físico e psicolóxico axeitado, ademáis de favorecer as relacións sociais e o control da ansiedade que xera o esquecemento”.

A Concelleira de Benestar Social, aproveitou a apertura destes talleres para mostar o agradecemento en nome de todos e todas á oficina de la Caixa de Salceda, por o seu apoio económico para a realización deste proxecto, por terceiro ano consecutivo.