Salceda ven de clausurar o primeiro Taller de Recuperación de Memoria, organizado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Salceda.
Entre os asistentes atopábase, ademáis da Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social Marina Cabaleiro, o director da oficina de la Caixa de Salceda, José Manuel Ferreira e o subdirector Pedro Romero; en representación da entidade que colaborou económicamente co proxecto a través da súa obra social. Pedro Romero, sinalou que é moi positivo poder colaborar nestas actividades coa xente de Salceda e que seguirán colaborando cas iniciativas que partan do Concello, sempre que lles sexa posible.
O acto tivo lugar nun ambiente festivo, no que non faltou a música aportada por os propios participantes nos Talleres.
No acto fíxose entrega dun diploma de asistencia e un pequeno agasallo aos 20 participantes, que levan acudindo a estes talleres dende o mes de marzo.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable da área de Benestar, sinala a importancia da colaboración da entidade de La Caixa, sen a cal non se poderían levarse a cabo este tipo de actividades. “Despois desta boa acollida, dende a Concellería queremos continuar con esta actividade, polo que vamos, a darlle continuación grazas a algunhas voluntarias que van a continuar cos talleres un día por semán; para poder despois retomar a actividade en setembro da mesma forma que ata agora”.