Cita co deporte esta fin de semana en Salceda

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura Castelao a VIII Marcha BTT organizada polo Club Ciclista Aragonta, e que se vai celebrar este domingo en Salceda de Caselas. A marcha complétase ademáis coa celebración da IX andaina “Coñece o teu entorno” e co I Trail, ofrecendo así diferentes alternativas para a mañá do domingo. Entre as tres probas calcúlase unha participación de unhas 700 persoas, manténdose a inscrición aberta ata o vindeiro xoves.

Na rolda de prensa estiveron presentes por parte do Club Ciclista Aragonta Miguel Fernández, Presidente do Club, e Marcos Romero, vogal da Xunta directiva. Por parte do Concello estiveron presentes Carla Pérez, Concelleira de Deportes, e Marcos Besada, Alcalde de Salceda.

A VIII edición da BTT consta de un percorrido de 50 km, aínda que existe unha alternativa máis curta de 35 km. A organización califica a proba coa dificultade medio-alta, con trialeras e con ascensos e descensos pronunciados.

No caso do I Trail, consta dun percorrido de 15 km con 900 metros de desnivel, a través de sendeiros, cortafogos, descensos… dando así resposta á cada vez maior demanda deste tipo de probas relacionadas co running.

Carla Pérez, Concelleira de Deportes, felicitou ao Club Ciclista Aragonta pola súa labor organizando estas e outras probas ao longo do ano. Por outra banda recoñeceu a destacada labor que fai o club na divulgación e coñecemento dos espazos naturais de Salceda, organizando probas que dan a coñecer as sendas, o patrimonio…

Miguel Fernández, Presidente do Club, agradeceu a colaboración das casas comerciais e do Concello, que sempre está a disposición desta e outras ascociacións neste tipo de eventos. Por outra banda, lembrou que a proba deste ano vai adicada ao seu Presidente de Honra, Manuel Prego Español, falecido este ano tras sufrir precisamente un accidente cando practicaba ciclismo. Na súa lembranza os cartaces anunciadores da proba lucen un crespón negro conmemorativo.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou o especial agarimo que lle ten a este club, que ao igual que outras asociación de Salceda, naceu no ano 2007, no ano do cambio de goberno en Salceda. Destacou a idoneidade de Salceda para acoller probas de deportes vinculados á natureza, amosando así o seu patrimonio xeográfico, cultural, dos ríos e as sendas… Amosou tamén o apoio do Concello para todo este tipo de actividades, e agradeceu tamén o apoio de Frigolouro e do Grupo Coren, que unha vez máis respostan á chamada do Concello para colaborar neste e noutros eventos.

 

Gabinete de prensa, 6 de outubro de 2015