Hoxe ás 17:00 da tarde na Casa da Cultura A.D.R. Castelao o Apalpador realizará a súa aparición en Salceda de Caselas
O Apalpador é unha figura mítica dun carboeiro que segundo indica a tradición baixa a noite do 24 ao 31 de decembro a tocalo ventre dos meniños para ver se comeron o suficiente durante todo o ano, déixalles un montón de castañas e algún agasallo desexándolles que teñan un feliz ano Novo cheo de felicidade e comida.