Salceda de Caselas Acolle o Campionato Zonal de Campo a Través.
Este sábado a partir das 10:00 horas, na parroquia de Soutelo, no entorno do monte do Borralliño, participarán preto de 600 escolares (nas categorías, benxamín, alevín, infantil e cadete masculibno e feminino) pertencentes a 20 entidades deportivas do Baixo Miño, Condado e Paradanta.
Esta proba está organizada pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño e a Concellería de Deportes do Concello de Salceda de Caselas, a través do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.
Desta proba sairán os atletas clasificados para o Campionato Provincial, que dan acceso ao Campionato Galego que se disputará en de febreiro de 2012.
A Tenente Alcalde e Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro quere facer mención a colaboración que presta o Voluntariado do Concello de Salceda (VOLSA) na organización deste evento, a Comunidade de Montes e o Centro Cultural da parroquia de Soutelo. Así como, ás empresas que colaboraron desinteresadamente.
A presentación deste evento tivo lugar o pasado Xoves, na Casa da Cultura do Concello de Salceda, na que participaron ademáis da Concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro e o Alcalde Marcos Besada, o Presidente da Agrupación Deportiva do Baixo Miño, Xesús L. Besteiro e o Coordinador do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Guillermo Reinaldo.