A Praza do Concello acolleu esta mañá a presentación da XXVIII Festa dos Callos que se celebrará esta fin de semana en Salceda de Caselas. A presentación, conducida polo Concelleiro de Cultura e Festexos, Álex Rodríguez contou coa presenza do Presidente do Grupo Señorío de Rubiós Antonio Méndez, cos representantes do grupo Coren Fernando Córdoba e Alejandro Alonso, e coa alcaldesa Verónica Tourón. Un dos puntos importantes a destacar na volta á normalidade da festa é que se mantén o prezo das últimas edicións. A ración de callos para degustar na propia festa, incluíndo o viño, o pan, o prato e a cunca, terá un prezo de 8 €, podendo tamén levar os callos “en tarteira” a 6 € a ración. Ademais, por terceiro ano, na festa serviranse tamén callos sen gluten para que as persoas celíacas non deixen de desfrutar do evento.
O presidente Antonio Méndez quixo mostrar o seu agradecemento ao Concello de Salceda de Caselas por contar un ano máis coa adega das Neves para a cita gastronómica, e presentou o viño que acompañará aos Callos esta fin de semana, un Sousón Tinto de Señorío de Rubiós, a uva máis abundante de Rubiós, e que grazas ao traballo feito especialmente por esta bodega, os tintos Rías Baixas contan cada vez cunha maior calidade.
Alejandro Alonso, o mestre cociñeiro encargado da elaboración do prato confirmou que se prepararán en torno as 20.000 racións de callos, para as cales se empregarán 1900 kg de ventre de vacún, 920 kg de carne de pata de tenreira, 2.200 kg de garavanzo remollado, 425 kg de lacón e 350 kg de chourizo galego, co seu sofrito correspondente, que sumarán un total de máis de 5.000 quilos de produto. A preparación dos callos comezará sobre a 1:30 para sobre as 7:30 facer a mestura do sofrito coas carnes e ter o produto preparado ás 8:30 para empezar a despachar sobre as 9:30. Fernando Córdoba, director da unidade de conservas e pratos do grupo de Coren definía a Alejandro como un claro referente de esforzo, traballo, compromiso, dedicación e sobre todo cercanía coa cultura galega, destacando tamén a importancia para o grupo Corén de poder colaborar coas administracións públicas neste tipo de eventos, que fan que se poña en valor un prato tan representativo da cultura galega como os Callos.
A cita virá acompañada por unha ampla programación ´preparada polo Concelleiro de Cultura Álex Rodríguez que comezará xa este xoves, e que inclúe a volta de citas consolidadas como o XIV Serán dos Callos, que este ano se celebrará no venres, e a primeira edición do Concurso de Charangas, organizado xunto á Charanga SGHAE, e que fará que durante toda a tarde do sábado a música e o ambiente festeiro enchan as rúas e praza da vila. Pepo Suevos será o encargado de dar o pregón da festa o domingo ás 12 do mediodía, pregoeiro que volverá subir ao escenario ás 20.00 horas no Auditorio Municipal para ofrecer o seu show. Esta é solo unha pequena mostra do amplo abano de propostas culturais e de ocio que acompañarán os callos durante toda a fin de semana.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura: “Este ano volvemos a organizar a Festa dos Callos co seu formato tradicional, nunha fin de semana que sirve de motor dinamizador da economía e turismo da vila, e no que recibiremos a visita de milleiros de persoas de Salceda e da contorna, para o cal é imprescindible o traballo e esforzo dos empregados municipais e do voluntariado”.
Verónica Tourón, alcaldesa: “Nesta edición recuperamos o pulso da Festa dos Callos con moita forza, con novidades e coa ilusión de que a nosa veciñanza poida desfrutar como sempre dunha cita gastronómica tan importante para o noso pobo. Esta fin de semana Salceda volverá a ser esa vila acolledora a que acudiran milleiros de visitantes para celebrar connosco á volta á unha das nosas festas máis importantes”.
Gabinete de prensa, 29 de agosto de 2022
PROGRAMACIÓN
XOVES 1 SETEMBRO
- 00 Rockeamos todas con Pakolas. Praza do Concello
- 00 Concerto dúo Souzar. Auditorio Municipal
VENRES 2 SETEMBRO
- 00 Festivaliño on the Road 2022. Praza do Concello
- 30 XIV Serán dos Callos. Praza do Concello
SÁBADO 3 SETEMBRO
- 00 Concurso de Charangas
- 00 Concerto Turre’s Band. Praza do Concello
DOMINGO 4 DE SETEMBRO
- 09:30 Apertura de billeteiras e despacho de callos.
- Animación con Animar-T e charanga Nova Jomada.
- 12:00 Lectura do pregón a cargo de Pepo Suevos.
- 20:00 Monólogo Pepo Suevos. Auditorio Municipal