O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas ANPAs e o CRA estamos a desenvolver un traballo moi importante de cara a separación do lixo para diminuir o lixo que se está a derivar directamente ao contedor verde.
Os máis cativos son un punto de relevante importancia de cara a separación a través da gran implicación que mostran na gran parte das actividades que desenvolven, sendo unha parte moi activa na concienciación das familias.
É por iso polo que a praza do Concello vai a acoller esta actividade que se vai a levar a cabo o mércores 23 ás 16:30, onde se convertirá nunha xinkana de xogos relacionados coa reciclaxe.
O hall do auditorio será o punto final adicado aos adornos navideños, onde os máis cativos remataran a súa tarde con manualidades que se van a realizar a través da reutilización do lixo.
Por un concello máis verde, “Un paso máis para Salceda. Salceda recicla”.