Novas

Rematan as obras do Plan Marco 2023-2024

As obras de mellora na Portela e en Pedrabuxiña supuxeron un investimento de 55.095,64€ financiados pola Unión Europea no marco estratéxico da PAC a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo Concello de Salceda de Caselas.

O carreiro do Rollo xa está dispoñible para a veciñanza

O Equipo de Goberno quixo contar coa veciñanza da zona para a descuberta da placa conmemorativa, que quedou xa exposta no Carreiro coa frase “De lugar de axustizamento a espazo de liberdade. Un carreiro recuperado para todos e todas”.