Novas

O Estourazo homenaxea os 30 anos das Mulleres Rurais Caselas

A Asociación de Mulleres Rurais Caselas foi o colectivo elixido este ano polo equipo de goberno de Salceda para disparar o “estourazo” de inicio das Festas do Cristo. A cita será o vindeiro sábado 20 de xullo ás 22:00 horas dende o balcón da Casa da Casa da Cultura Castelao

Salceda móvese polo Verán Cultural

A Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Alex Rodríguez ven de presentar, acompañado pola alcaldesa Loli Castiñeira e polo equipo de goberno a programación do Verán Cultural e as Festas do Cristo, nas festas máis longas e importantes do noso Concello.

O Concello de Salceda adhírese ao programa Axente Tutor para a protección da infancia e a execución do Plan Nacional sobre Drogas.

O Concello de Salceda de Caselas anuncia con a súa adhesión ao programa Axente Tutor, un servizo especializado da Policía Local en colaboración coa Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a FEMP que ten como obxectivo fundamental a promoción do respecto aos dereitos da infancia. Este programa céntrase especialmente na protección dos e das menores e na prevención de posibles riscos na contorna escolar. Trátase dunha iniciativa que se aprobou tanto o pasado xoves por unanimidade da corporación municipal,como polo Consello Escolar do IES Pedras Rubias.

Pleno Ordinario

Neste enlace podes seguir a retransmisión do Pleno Ordinario que se celebra o xoves 27 de xuño de 2024 ás 20:30