Listaxe curso de natación definitivo
Aqui podedes consultar a listaxe definitiva do curso de natación do mes de agosto
Salceda de Caselas |
Inicio | Contacto |
|
Aqui podedes consultar a listaxe definitiva do curso de natación do mes de agosto
O concello de Salceda de Caselas conta ven de recibir un novo vehículo da Policía Local a través da concesión dunha subvención do cen por cen do custo do vehículo, dentro do programa operativo de fondos europeos Feder-Galicia eixe 3 de protección de riscos para dotar de equipamentos de emerxencia os corpos da policía local dos concellos que conten con corpo propio de seguridade, como é o caso do concello de Salceda de Caselas.
O Pavillón polideportivo de Salceda de Caselas vai a acoller o Campionato galego de dardos os días 1 e 2 de agosto, dando comezo o sábado as 11:30 co inicio dos competidores da categoría masculina xogadores da liga e feminino aberto. A partir das 16:00 serán os clubes clasificados da liga terán como escenario o pavillón para continuar ás 20:00 coa liga por parellas.
O prazo de reserva permanecerá aberto dende o martes 21 de xullo e ata o sábado 8 de agosto, e os grupos e solistas interesados deberán cubrir o impreso que se lles facilitará no rexistro do Concello de Salceda.
O Estourazo homenaxea cada ano a un colectivo, e este ano é o turno de rendir homenaxe ao Entroido. Para elo participarán no evento representantes dos tradicionais entroidos de A Feira e Castro Barreiro, así como representantes das diferentes comparsas de Salceda que participan cada ano no Entroido do domingo.