Novas

“Alma” fai unha entrega ao Programa de Alimentos

O Comercio ALMA realizou unha campaña de recollida de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas, con motivo da carreira solidaria da San Silvestre, realizando descontos nos artigos en proporción aos alimentos donados. Dende o Concello de Salceda de Caselas queremos agradecerlle esta gran iniciativa.

Éxito da V San Silvestre Solidaria

A V San Silvestre Solidaria recaudou máis de 500 quilos de productos para o Programa Municipal de Alimentos. 815 participantes de tódalas idades tomaron a saída desta carreira popular.

Axúdanos a reciclar

O Concello de Salceda de Caselas, xunto coas ANPAs e o CRA estamos a desenvolver un traballo moi importante de cara a separación do lixo para diminuir o lixo que se está a derivar directamente ao contedor verde. O mércores 23 ás 16:30 na Praza do concello participa na xinkana “axúdanos a reciclar”.

V San Silvestre de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas celebrará o día 26 de decembro, ás 21:00, e por quinto ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria de San Silvestre, unha iniciativa que ten como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Será un xeito de facer deporte e, ao mesmo tempo, axudar a aqueles que máis o necesitan.