Auga quente nas aulas das parroquias

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Ensino que dirixe Tere Pérez, iniciou as obras de instalación de auga quente nas diferentes aulas do CRA Raíña Aragonta ubicadas nas diferentes parroquias.

O Concello dá resposta así á demanda plantexada tanto polos pais e nais como polo equipo de profesorado das diferentes aulas, continuando o traballo de mellora constante das aulas, sempre establecendo as prioridades co equipo directivo do centro. Cabe lembrar que ó tratarse dun CRA falamos dun centro peculiar, con aulas en tódalas parroquias con necesidades diferentes en cada unha delas, o que fai indispensable a coordinación coa dirección do centro para establecer a orde de melloras que se poidan ir acometendo segundo as posibilidades do Concello.

O Concello de Salceda realiza unha forte aposta polo ensino do rural, e nos últimos anos levan sido numerosos os investimentos en tódalas aulas: instalación de equipos de climatización en tódalas aulas, instalación de equipos de alarma, novos tellados en Budiño e Fontán, recuperación de aula anexa en Soutelo, melloras nos xoguetes dos patios, ampliación do patio de San Xurxo, etc., ademáis das tarefas de mantemento contínuas como pintados, mantementos eléctricos, limpeza e desbroces, etc.

Tere Pérez, Concelleira de Ensino: “Seguimos dando pasiños nas aulas das parroquias segundo nos vaian permitindo os nosos recursos. A instalación de auga quente suporá sen dúbida unha mellora importante apara o excelente traballo que o equipo de profesorado fai cos nenos e nenas, dando resposta así ás demandas que eles mesmos nos van plantexando”

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Queremos un ensino público e de calidade. Apostamos polo modelo de ensino das aulas das parroquias, polo que seguiremos a realizar todas aquelas melloras que estean ao alcance do Concello, sempre da man do equipo directivo do CRA, ó igual que do resto dos centros escolares públicos do municipio”.