As piscinas Municipais de Salceda de Caselas abren as súas portas.

 

A partir do vindeiro mércores 1 de xullo, as piscinas municipais de Salceda de  Caselas abren as súas portas a través da realización de cursiños de natación que terán lugar de luns a venres ( de 10-15:00) , en diferentes horarios acorde coa idade e o nivel do alumno, cun custe mensual de  25€ para nenos e nenas de 4-14 anos e de 30€ para os que superen esa idade. A inscición de Xullo xa está pechada, pero todas as persoas que o desexen poderán realizar a inscrición para o mes de Agosto na Casa da Cultura no horario de 9:00-20:00.

Ademáis no horario de 15:00-21:00 as persoas que así o queiran poden facer uso do baño libre cun custe de 1,20€ para maiores de 16 anos, e de 0,90 € para os que superen os 9 anos de idade, tal e como se viña facendo en anos anteriores, de luns a domingo.

É fundamental fomentar o deporte e as actividades para todas as idades, dende o Concello de Salceda de Caselas sabemos o importante que é fomentar o deporte para unha mellor calidade de vida.