Aprobada a Conta Xeral de 2014 con Superávit orzamentario e Aforro Neto Positivo

O pleno do concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en sesión plenaria de carácter extraordinario realizada o martes 26 de xaneiro a súa conta xeral do exercicio 2014.

Os resultados da conta xeral expuxéronse detidamente polo concelleiro de Economía e Facenda José Luis González, acadando un aforro neto positivo de 470.578 €.  Aínda que as contas non cumplen coa Regra de Gasto, que limita ao 1,5% o incremento dos gastos con respecto ao exercicio anterior, si que manteñen o Equilibrio Orzamentario marcado no obxectivo de Estabilidade Orzamentaria, cunha capacidade de financiamento de 156.704 €.

 

O volumen da débeda viva que mantén o Concello coas distintas entidades bancarias representa un 34,10% con respecto ós seus ingresos, cifra moi por debaixo do 75% que marca a lei para poder concertar novas operacións de crédito.  No ano 2014 amortizáronse 3 créditos bancarios dos 8 que tiña o Concello, amortizando un total de 159.496 e.

 

Destaca tamén o gasto do Concello por habitante de 488,97€ e o investimento percapita de 76,94€.

 

José Luis Gonzalez, Concelleiro de Facenda: “Aínda que estamos a atravesar momentos complicados economicamente e a sufrir recurtes constantes dende a Xunta e o Estado, é certo que seguimos a traballar día a día por manter os servizos básicos para a nosa cidadanía, con especial énfasis nos campos do benestar social, educación, emprego e formación.”.