O concello de Salceda de Caselas comunica a apertura do prazo de inscrición para os cursos de natación para os meses de xullo e agosto de 2022. O prazo de inscrición iniciarase o vindeiro 13 de xuño e os formularios terán que ser entregados, xunto cos xustificantes de pago das taxas, na Casa da Cultura Castelao.
Os prazos para a reserva de quendas son os seguintes:
- Quenda de xullo ata o 27 de xuño.
- Quenda de agosto ata o 27 de xullo.
O prezos mensuais serán de 25€ para ás persoas nadas entre o 2008 e o 2018 e de 30€ para ás persoas nadas antes do 2008.
A ficha de solicitude de inscrición poderase obter na paxina web do concello http://salcedadecaselas.gal/ ou recoller na Casa da Cultura Castelao.
FOLLA DE INSCRICIÓN CURSO DE NATACIÓN 2022-2