O Obradoiro de Emprego que se vai realizar contará coas seguintes especialidades:
Nivel 2: (SEAG0209) LIMPEZA EN ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS e (SEAG0108) XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIAIS
Nivel1: (AGAR0309) ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES. (AGAJ0108) ACTIVIDADES AUXILIARES EN XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA e (AGAR0209) ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVEITAMENTOS FORESTAIS
Os requisitos que hai que cumprir para poder participar como alumno/a-traballador/a neste Obradoiro serán os seguintes:
– Estar dado de alta na oficina de emprego de O Porriño ou na de Ponteareas, dependendo do concello de residencia, como demandante de formación nas ditas especialidades.
– Para os certificados de (SEAG0209) LIMPEZA EN ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS e (SEAG0108) XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS E INDUSTRIAIS que se imparten xuntos, é preciso ter a formación para acceder a especialidade de Nivel 2 (Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou Certificado de profesionalidade de nivel 2 ou Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos ou ter as competencias clave necesarias, de acordo có recollido no anexo IV do Real Decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento á formación correspondente ao certificado de profesionalidade).
Os colectivos con máis dificultade na inserción laboral terán prioridade.
As persoas que estean interesadas terán que inscribirse na Oficina de emprego de O Porriño e na oficina de Ponteareas solicitando cita previa.
O alumnado traballador percibe un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses.