ADÍASE O ROTEIRO PARA O DOMINGO 1 DE FEBREIRO

O Roteiro que vai a ter lugar na parroquia de Parderrubias, vaise a adiar para o domingo 1 de febreiro de 2015 ás 10:00 dende a Igrexa de Parderrubias, debido ao mal tempor pronosticado para o sábado 31.

En interpretando o que nos rodea vamos a coñecer diferentes puntos do territorio que ademáis vai  a estar acompañado pola colocación de carteis interpretativos para coñecer o noso entorno e o valor dos bens que forman parte do noso patrimonio e sistemas de aproveitamento.

6 ou 12 km serán alternativas que os sendeiristas poderán escoller, desta maneira poderán asisitir dende os máis cativos ata os de maior idade, adecuando un punto de avituallamento que fará de liña divisoria entre os dous sendeiros a escoller.

O programa de Roteiros permite achegar aos veciños ao noso entorno rural, puidendo disfrutar do entorno que nos rodea e fomentando o valor engadido que teñen as nosas paisaxes. A achega do cidadán ao medioambiente é moi importante, dende o punto de vista da saúde e do medio que nos rodea. Respetando o noso medio e manténdoo limpo conseguimos unha Salceda para todos e todas.