Actividades medioambientais co CEP Altamira polo río Landres

 

O 4º curso do CEP Altamira percorreu o río Landres o pasado venres 11 nunha serie de actividades organizadas dende a concellaría de Medioambiente, que dirixe Carla Pérez.

O encontro tivo lugar ás 10 da mañá na área de inicio no río Landres, onde cerca de 100 escolares de 4º de primaria se concentraron para formar parte dunha xincana medioambiental, que constaba de diversas probas a superar.

Os 4 muíños foron o punto de realización das probas onde se lles valoraba a súa destreza en , flora, fauna, e reciclaxe, xa que tiñan que saber perfectamente cómo se separa o lixo para superar esa proba. Na que os cativos competían por ser o que máis probas puideran realizar, finalizando no Parque da Gándara onde xa lles agardaba o tempo de recreo.

Esta actividade xa se ven realizando co colexio Altamira cada ano, sendo esta a 4ª edición, e que permite a posta en valor dos espazos ripícolas e as súas sendas, así como a adquisición de coñecemento con temas relacionados co Medio Ambiente.

Dende a Concellaría de Medioambiente, queremos seguir traballando no coidado do noso entorno , inculcando os seus valores para mellorar o respeto dos máis cativos coa finalidade de incrementar o seu coñecemento e coidado. Agradecer a tódalas persoas que fixeron posible a realización das actividades como son as mestras do colexio e ao equipo de voluntariado ambiental que traballaron nas diferente actividades.