Este sábado 23 de agosto tivo lugar a apertura ó público do circuito de Pump Track & Dirt Jump de O Torrón.
O circuito abriu as súas portas nun acto de inauguración que deu comenzo ás 17:00 horas coa firma dos documentos de cesión do terreo entre a Comunidade de Montes Veciñais en man común de Entenza e o Concello de Salceda de Caselas.
A continuación tivo lugar o acto institucional de inauguración no que participou o Presidente da Comunidade de Montes, Maximino Castiñeira, o Presidente da Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Made in Salceda Rubén Fandiño, o Alcalde Marcos Besada e a Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, responsable deste proxecto. Acto no que os principais protagonistas foron os mozos e mozas da Asociación Made In Salceda que se encargaron de destapar a placa.
O longo de toda a tarde os participantes puideron disfrutar de adestramentos tanto na pista de Pump Track como na pista de Dirt Jump, durante os cales o numeroso público puido gozar dunha marabillosa exhibición de saltos, piruetas e carreiras de velocidade.
As 20:00 horas deu comenzó a cronometraxe na pista de Pump Track, da man da Asociación Made in Salceda e a dirección de Gabri Vaqueiro. Os gañadores da proba foron Alejandro Caamaño na categoría absoluta, Alberto Alonso na categoría Promesas e Adrián Veloso Vaqueiro fíxose co primer posto na volta rápida.
Os asistentes e participantes puideron desfrtutar dunha tarde-noite chea de ambiente festivo, xuvenil e deportivo no circuito de O Torrón Pump Track & Dirt ateigado de persoas e bicicletas.
A concelleira de Deportes, Marina Cabaleiro, que levou a cabo este proxecto quere agradecer a cesión a Comunidade de Montes de Entenza e destacar a labor dos mozos e mozas da Asociación Xuvenil, Deportiva e Cultural Made in Salceda que botaron unha man en todo momento e que se encargaron de darlle forma o circuíto. “Estamos especialmente orgullosos dos mozos e mozas que, de forma totalmente desinteresada e por un ben común deixaron a pel traballando, tanto dándolle forma ó circuíto como organizando o evento deportivo que culminou unha exitosa xornada de inauguración”