A Concellaría de Xuventude do Concello de Salceda, da que depende a Oficina de Información Xuvenil, está a realizar unhas sesión no IES Pedras Rubias para que o alumnado do centro coñeza de primeira man os servizos ofertados. A OMIX desplázase así ao propio instituto, onde os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º reciben información da oferta da Oficina, ao mesmo tempo que trasladan as suas inquietudes e necesidades ao encargado da OMIX.
Nas charlas participan o encargado da OMIX, Humberto Rei, a Concelleira de Xuventude, Carla Pérez e o Alcalde, Marcos Besada.
Ademais de coñecer os servizos ofertados dende a OMIX, trasládaselles tamén información sobre o CDL do Torrón, a Biblioteca, as actividades das Escolas Deportivas ou información como cursos, campamentos e outras actividades dirixidas á xuventude.
Por último, os alumnos e alumnas cubren un cuestionario onde se lles pregunta polo coñecemento dos diferentes servizos ofertados dende o Concello, así como polas actividades organizadas, animándoos a trasladar as súas demandas e suxestións.
Carla Pérez, Concelleira de Mocidade: “Achegamos o Concello aos máis novos, para que poidan coñecer de primeira man os servizos aos que poden acceder. Os rapaces e rapazas amosaron o seu interese polas sesión, polo que estamos a obter un resultado moi satisfactorio”.
Marcos Besada: “Agradecemos a boa acollida por parte do IES Pedras Rubias. Queremos ofrecer unha administración que ae achegue á xente, e este tipo de iniciativas están a resultar de grande interese para a veciñanza”.