Situación: parroquia de San Xurxo, no barrio de A Laxe, forma parte dun recinto propiedade dos veciños de dita parroquia. A zona destinada a área recreativa ocupa arredor de 3.300 m². O núcleo desta fermosa formación monovarietal de Carballos (Quercus robur) tamén se estende cara o río Caselas ocupando uns 5.700 m², sendo estes últimos privados.
Nos arredores da carballeira atopamos un interesante paisaxe composto por prominentes formacións graníticas (Laxes) que lle dan o nome ao barrio. Estes monumentos pétreos, combinados coas depresións formadas polo curso da auga de fontes como a do Pozón ou numerosas minas, crean uns ambientes húmidos ideais para a aparición da vexetación presente na zona.
Infraestruturas: Mesas e bancos de pedra, unha pequena área de lecer infantil, dúas fontes, asadeiros e unha pía.
Vexetación: Carballos centenarios de grande porte (Quercus robur), un Cerquiño ou Rebolo (Quercus pyrenaica), Salgueiros (Salix atrocinerea), Loureiros (Laurus nobilis), fieitos como o Dryopteris filix-mais, Athyrium filix-femina, etc…; Piñeiros (Pinus pinaster), Castiñeiros (Castanea sativa), Carballo Americano (Quercus rubra), Robinia pseudoacacia, Rubus fruticosus, Adenocarpus complicatus, Hedera helyx, Daboecia cantabrica, Acacia dealbata.
Fauna: Píntegas (Salamandra salamandra), Sapo parteiro (Alytes obstetricans), Escornabois ou Vacalouras (Lucanus cervus), Corvo (Corvus corax), Merlo (Turdus merula).