A Deputación Provincial ven de financiar con 3.422,77 euros o mantemento de tres meses do Campo de Fútbol Municipal da Gándara. O orzamento destes tres meses ascende a 4.210 euros, sendo o Concello de Salceda de Caselas o encargado de asumir os 787,32 euros restantes.
Estas tarefas de mantemento consisten sobre todo na sega do céspede dúas veces por semana, o recortado de herba nos exteriores da área de xogo, abonado de liberación lenta, limpeza de gradas e vestiarios, escarificado do céspede, aplicación de fitosanitarios, resementado e pintado do campo.
Grazas a este exaustivo mantemento, o campo da Gándara conta cunhas características óptimas, e con unhas instalación en perfecto estado a disposición do Caselas F. C.
Carla Pérez concelleira de Deportes: “a través desta subvención para Mantemento ou reparación de instalación deportivas e espazos públicos e ocio inventariable durante o exercicio 2015, puidemos financiar unha parte do mantemento deste campo de fútbol para que cumpra unhas condicións óptimas, e que o Caselas poida contar cunhas excelentes instalacións para levar a cabo a súa actividade”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Centraremos os nosos esforzos no mantemento e conservación das diferentes infraestructuras coas que contamos en Salceda. O Caselas leva o nome do noso Concello por toda a xeografía galega, e dende o Concello faremos o posible por facilitarlles a súa laboura.