A AGASP impartiu o curso de Protección Civil Básico no Concello de Salceda

A AGASP impartiu o curso de Protección Civil Básico no Concello de Salceda

A Tenente Alcalde e Concelleira de Voluntariado, Marina Cabaleiro, ven de firmar ao longo da semana pasada os novos convenios cos colaboradores da Entidade de Acción Voluntaria do Concello de Salceda. A firma acudiron voluntarios que xa formaban parte da Entidade e tamén novas incorporacións.

 

Os voluntarios organízanse por áreas de interés: voluntariado social, deportivo, medioambiental, de formación, eventos e fextexos, protección civil… Preténdese acadar a participación de tódolos ámbitos de idade especialmente unha participación social activa e dinámica de tódolos sectores da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida.

 

Marina Cabaleiro “cabe suliñar, que neste tempo de crisis o papel do voluntario é moi importante e dende a Concelleria queremos darlle esa relevancia a Entidade de Acción Voluntaria do Concello. Cada voluntario conta, e máis nestes momentos”. “Por esta razón tamen debemos contar co voluntariado para buscarlle a formación que precisan, certificarlle o tempo que destina a estas tarefas altruistas, etc. Todos gañamos”.

 

No que se refire a formación, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en colaboración co Concello, impartiu no Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón un curso “Básico de Protección Civil”, de 21 horas de duracción. No curso participaron 12 dos voluntarios deste Concello entre outros de distintas agrupacións. Este curso é moi demandado entre os veciños e veciñas que forman parte do grupo de voluntariado do Concello, e tivo moi boa acollida entre os participantes.