Por cuarto ano consecutivo, Salceda de Caselas celebrará o vindeiro venres 19 de outubro unha xornada na que a solidariedade será a protagonista. A finalidade, neste caso, será de recadar fondos para a loita contra o cancro. A partir das 21:30, na Praza do Concello, máis dun centenar de mulleres participarán nunha exhibición de Zumba, nunha iniciativa da Concellaría de Sanidade do Concello de Salceda que dirixe Loli Castiñeira, e que se celebra baixo o nome de “Zumba contra o Cancro”.
Coa colaboración dos instructores Niko, Maggy, Noelia, Cris, Inma, Tania e Adela, a Zumba contra o cancro suporá un xeito de concienciar a todas as persoas asistentes na necesidade de tomar parte activa na loita contra unha enfermidade que, grazas a iniciativas como estas, pouco a pouco vai atopando vías de saída. Na exhibición participarán alumnas dos sete instrutores, así como outras mulleres e homes que queiran sumarse ao evento.
Na mesma Praza do Concello instalarase un posto de venta de camisetas cuxa recadación irá destinada á Asociación de cancro de mama Pilar Domingo. O pobo de Salceda, que sempre se caracterizou pola súa solidariedade e apoio aos que máis o precisan, secundará, sen dúbida algunha, esta iniciativa tan solidaria como necesaria.
Loli Castiñeira, Concelleira de Sanidade: “Non temos ningunha dúbida de que a sociedade salcedense volverá ofrecer unha resposta positiva ante esta iniciativa. O cancro está a ser unha enfermidade debastadora, pero cada vez máis a detección precoz e os avances en investigación están a conseguir uns resultados máis alentadores”.
Gabinete de prensa, 17 de outubro de 2018