O vindeiro domingo 6 de maio Salceda de Caselas acollerá a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas.
Baixo o nome “Corre X Salceda”, a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres.
Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes poden elexir entre facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2003 e 2005 terán un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.006 e 2.008, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.009 e 2.011, 150 metros para a categoría “Pitufos A”, que engloba aos nenos e nenas nacidos entre 2.012 e 2.014, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.015 e 2.016 . Todas as categorías realizarán a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contan con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.
Atletas chegados/as dende toda a xeografía galega teñen confirmado xa a súa presenza nesta proba, que cada ano está contando con máis de 800 participantes. Para poder inscribirse pódese facer a través da páxina www.deportesalceda.gal, aboando unha cuota de 7 euros para as categorías absolutas, e coa aportación de productos para o Programa de Alimentos Municipal as categorías inferiores.
Os/as participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da proba, así como a opción de conseguir os trofeos que se entregarán en cada unha das categorías.
Máis de 40 persoas voluntarias garantirán o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello conta tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade
Carla Pérez Concelleira de Deportes, “agardamos que centos de deportistas acudan ao evento para disfrutar e coñecer do noso entorno a través dunha actividade tan saudable. Agradecemos especialmente a colaboración de Luis Manuel Rodríguez Cabaleiro, figura fundamental na organización deste evento”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, “Salceda acollerá unha vez máis a deportistas chegados dende todo o País. Os nosos espazos naturais serán o mellor escenario nesta proba que, ademáis de medir as forzas dos/das participantes, servirá tamén para seguir a dar a coñecer o noso Concello e, sobre todo, a enorme hospitalidade da nosa xente”.
Salceda de Caselas, 20 de abril de 2018